Sunday 08 de September de 2024

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP José María Lage de Ortigueira busca recadar fondos para a súa excursión de fin de curso cun mercadillo


• Os e as estudantes estarán o xoves pola mañá na planta baixa do mercado municipal

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP José María Lage de Ortigueira organiza este xoves, 16 de maio, un mercadillo co obxectivo de recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.
Os e as estudantes estarán durante a mañá do xoves na planta baixa do mercado municipal. Neste mercadillo, os nenos e nenas poñerán á venda todo tipo de artigos de segunda man como libros, xoguetes, quebracabezas e outros tipos de artigos.
Esta non é a primeira vez que o alumnado realiza unha actividade como esta para recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso. De feito, o xoves 27 de marzo xa realizou un mercadillo similar coa mesma finalidade, que logrou atraer aos veciños e veciñas para colaborar con eles e elas.
Nesta iniciativa contan coa colaboración do ANPA do colexio, así como do Concello de Ortigueira.